Manuel Núñez Singala
Nacín en Lugo no ano 1963, aínda que antes de cumprir
os tres anos fun vivir a Vilalba, a capital da Terra Cha. Alí transcorreu a
miña infancia e adolescencia e, malia levar fóra moitos anos, sigo considerando
aquelas terras como a miña primeira patria. Despois fun á Universidade,
licencieime en Filoloxía Galega e xa quedei en Compostela, nos seu arredores
vivo dende entón.
Traballei no Parlamento de Galicia, na Xunta e, dende
o ano 1988 dirixo o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de
Santiago de Compostela.
Sempre me gustou a lectura e tamén a escrita,
actividades ás que lle dedico boa parte do meu tempo de lecer xa que me
proporcionan grandes satisfaccións.
Unha emocionante novela baseada en feitos reais.
A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. As reaccións da tripulación e da pasaxe, e a heroica actuación dos habitantes da costa que acudiron no seu auxilio constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas.
Aquí podes ler unha reportaxe sobre o a historia que conta o libro:
en Reportaxe sobre Noite de temporal en La Voz de Galicia 2018
en Reportaxe sobre Noite de temporal en La Voz de Galicia 2018
Comentarios
Atentamente un saludo.