LA NOCHE MÁS OSCURA

A Valeria este ano espéranlle unhas vacacións moi especiais, ou polo menos iso é o que di a súa nai, unha auténtica especialista en buscar lugares orixinais para descoconectar da rutina. Un lugar solitario e peculiar no norte de Noruega será o elixido, e alí o presente mesturarase co pasado nos soños de Valeria.


Unha historia ocorrida durante a ocupación nazi no país, un faro no medio do mar e os ollos de Valeria, como nexo. E así, o que nun principio parecía que sería un verán aburrido, convértese nun verán inesquecible.



Resultado de imagen de ana alcolea
Ana Alcolea é licenciada en Filóloxía Hispánica, diplomada en Filoloxía Inglesa e profesora de Secundaria. Ademais é unha namorada doutras linguas e culturas e conta cunha longa traxectoria na arte de facer viaxar a grandes e pequenos coas historias que narran os seus libros.

Ana Alcolea está ligada a Noruega desde hai 20 anos. O seu esposo procede deste país e a autora adoita pasar longas tempadas alí. En Noruega, Ana confesa vivir unha relación intensa coa natureza, tanto nas montañas como na costa, que denomina agreste, fría, gris, e bellísima. 
Podes ler unha entrevista sobre o libro, no que nos descubre como entrou en contacto coa historia que nos narra neste libro, gañador do Premio Anaya 2011, e a súa relación co país no que sucede. Tamén podedes seguir a Ana no seu blog.

Comentarios