NOITE DE VORACES SOMBRAS
Agustín Fernández Paz
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presenza fantasmal. Alí atopará, tamén, unha carpeta, cartas e fotos, unha libreta e unha variada biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.

Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano: a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala Guerra Civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións coñezan esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria.
Comentarios