LA LECCIÓN DE AUGUST

 R.J. PALACIO

August sae pouco, a súa vida corre entre as acolledoras paredes da súa casa, na compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da Guerra das galaxias. Mais este ano, todo vai cambiar porque por vez primeira vai á escola. Alí será novo no grupo e todo aquilo que o fai diferente estará á vista dos demais.

 Quen non foi novo ou nova algunha vez nun grupo? ... e diferente?

Na escola aprenderá a lección máis importante da súa vida. Aquela que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre hai unha man amiga que facilita as cousas.

Se quixeras coñecer a historia da La Lección de August narrada, preme na seguinte ligazón para ires ao Soundcloud e escoitala a modo de audiolibro:

https://soundcloud.com/audible/la-leccion-de-august


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
comentario de Elena Formoso Barrientos:e un bo libro xa que demostra que a xente cambia e conta a mesma histosria dende diferentes puntos de vista, fala de Via, de como lle foi no instituto e de como esta cos seus amigos e co seu noivo.
Auggie, no pricipio dolibro, non quería ir ao colexio pero ao final si foi e non se arrepentiu diso asique aconclusión é hai que intentar cousas novas ainda que antes teñas medo