XOSÉ A. NEIRA CRUZ
En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. Por que Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente, case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas co amor.
Na sesión de club de lectura de hoxe, falaremos de todas estas cousas e máis. Para ir animando as nosas ideas, usaremos un xogo de imaxes e recomendaremos dar unha ollada á seguinte ligazón:
Que din as Nacións Unidas do problema de fondo desta novela?
Comentarios
O cseu contido quiza sexa para rapaces non de curso superior a 1º da E.S.O.