JORDI SIERRA I FABRA
Silvia, estudante de Medicina, instálase na India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, terá que enfrentarse cos seus pais e co seu mozo, de xeito que seguindo o seu instinto e o seu corazón, toma unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Alá, na India, coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, mais tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo de tres mundos: por un lado Arturo, que vivirá á espera en España; por outro Leo, o médico e cooperante como ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.
É fácil tomar
decisións? Serías capaz de dar un xiro a túa vida como fixo Silvia, a
protagonista desta historia? Este martes terás a oportunidade de conversar
sobre a vida que levan as persoas cooperantes en moitos países do mundo.
Entra AQUÍ se queres ver os mellores momentos da sesión.
Comentarios