IRIA MISA
"Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr"
A historia da protagonista abriu un debate ben interesante sobre a diversidade e como nos enfrentamos a ela cada día, desde o noso ámbito familiar, a rúa ou a escola. A diversidade e o respecto polos dereitos individuais, comezando pola identidade propia, está claro entre o alumnado do club de 2ºESO.
Na semana do 8M, e desde a perspectiva do feminismo inclusivo, a rapazada xogou a un memory sobre as principais reivindicacións nesta materia.
Comentarios