MATAR UN RUISEÑOR

 FRED FOREMAN

Neste mes de abril, escollemos Matar un ruiseñor, a obra escrita por Harper Lee en 1960, en formato novela gráfica. Con esta lectura, o club de 3ºESO profundizou nesta historia entre dous irmáns que aprenden a ver o mundo con outros ollos e na valentía insubornable de Atticus Finch, o pais que defende até o final a idea de que ser diferente non implica ser culpable.

Esta BD foi o pretexto para conversar sobre a poderosa mensaxe da xustiza e dar a coñecer entre o alumnado un dos clásicos do S. XX.

 

 Deixámosvos por aquí a ligazón para quen tiver gana continuar co filme. Outro clásico!:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/que-grande-es-el-cine/grande-cine-matar-reuisenor/4601445/

Comentarios

lucas ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
lucas ha dicho que…
me pareció un libro muy entretenido por sus ilustraciones y por su realidad que hay detras.

Lucas Santos López
Paula Carril González ha dicho que…
O libro "Matar un Ruiseñor", foi un libro entretido ademais de contar unha historia que fai que leas o libro dun tirón, a min pasoume isto. Este libro trata sobre unha realidade que estase por desfacer, esta é o racismo, entre outros temas. O racismo hoxe en día estase disolvendo máis o ambiente no cal esta ambientado o libro, as accións de Atticus son moi diferentes. Tamén trata outros temas moi importantes como o son o feminismo que é o que defende a filla deste último, xa que a súa tía quere vestila como unha princesa, máis a rapaza négase e dalle a ver os seus dereitos e a igualdade. Estes son os temas máis marcados pero hai máis.
Este libro é un libro que recomendaría porque falase de moitos temas que son moi importantes e tamén para entender o título hai que chegar ao final.