Co
alumnado de 2ºESO puxemos en común este relato de Berta Dávila
levado á novela gráfica por Pablo Prado. A
lectura fixo que o grupo falase sobre a vida das protagonistas, da
capacidade de querer, de odiar, de como pode condicionar a vida dunha
persoa o lugar no que vive... e dos segredos inconfesables que
calquera pode ter. A estética desta BD sorprendeu a todo o grupo por
como estaba contada. Fucsias, turquesas e esmeraldas... as cores intensas e contrastadas tamén contan!
Comentarios