Club 4ºA. Novembro 2021

 O lapis do carpinteiro


Manuel Rivas

Resultado de imagen de lapis do carpinteiro libro
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. 
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. 

O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.



Resultado de imagen de manuel rivas galego
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e  xaponés.








Comentarios

Paula Vázquez Blanco ha dicho que…
Esta historia chamou claramente a miña atención xa que conta como é a vida de republicanos e franquistas en tempos de guerra, tamén conta sobre un gran amor que podería con todo e sobre alguén que sabe que nunca podera chegar a tan puro amor
Andrea ha dicho que…
A min gustoume esta historia porque vese reflectida o duro que era vivir nesa epóca debido a que por ter diferentes ideas política mandábanche a carcel para posteriormente fusilarche.O final nn me gustou xa que eu esperaba que da barca e herbal se reuniran anos despos ou polo menos que seguisen vivos
Sara Domínguez Gómez ha dicho que…
Pareceume un libro que esta moi ben,gustoume moito a trama que e o amor que hai entre Marisa Mallo e o doutor da barca, tamén aparece polo medio a envidia de Herbal... O meu personaxe favorito e o doutor Da Barca, xa que e unha persoa que quere sempre o ben para todos, nunca se rinde, sempre mostra fortaleza mental, trata de animar a todo o mundo etc. Un dos personaxes que menos me gustou foi Herbal porque me parece que non ten as ideas claras.