Club 1ºESO- Decembro 2021

  ANÉMONA DE RÍO

No mes de novembro, o alumnado de club de lectura de 1ºESO leron A Proba de Auga, un relato en banda deseñada creado pola autora Anémona de Río e premiado pola escola de ilustración "O Garaxe Hermético" de Pontevedra. 

Celebrando o mes da ciencia nas Bibliotecas, quixemos mostrar como o cómic pode ser unha opción de lectura máis na que encontrar contido de todo tipo, neste caso de divulgación científica.

Para o caso, este libro cóntanos como “rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba”


Nestes tempos de pandemia, coñecer como reacciona o noso organismo fainos máis conscientes!

Comentarios

Saray Soneira Canosa ha dicho que…
A min encantoume o libro. Eu recoméndoo para a xente a quen lle guste as aventuras e tamén dá moita gracia.
Alba Santos Canosa ha dicho que…
Este libro pareceume xenial, xa que aprendín moitas partes do corpo e é moi divertido.
Recomendo este libro para a xente que lle guste a ficción e os cómics, xa que é gracioso e divertido.
ANTÓN CAMPOS CARAMÉS ha dicho que…
A min pareceume unha experiencia digna de compartir porque fala sobre os organismos do corpo humano e tamén fala sobre a confianza e o mellor é que se tarda pouco en acabar de ler.
Lucas Nuno ha dicho que…
Amin o conto recomendo moito por que o libro tratase do organismo do corpo humano. Partes do libro me encantaron por que trata de confianza, algo de amor e gracia.
Aleix ha dicho que…
O libro gustoume moito porque ten unhas imaxes moi expresivas e uns diálogos graciosos.
Ademais, tamén está moi ben porque nos ensina como funciona o corpo humano de forma fácil e divertida. Tamén gustaríame destacar que se lee moi rápido.