Club 4ºB. Novembro 2021

 MEMORIA DO SILENCIO

Eva Mejuto

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.

Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).

Comentarios

Naira carril ha dicho que…
Algo complexo pero trata un tema interesante na historia desde moitas perspectivas
Judith Alborés Romero ha dicho que…
Gustoume a idea que quería transmitir o libro, xa que nos ensina a perspectiva dende cada un dos personaxes da historia, algo que non moitos libros fan.
É un bo tema para que o vexan os rapaces, pero o libro foi algo curto e houbese estado mellor se engadisen máis trama ou extensión para completar cousas.
Paula Carril González ha dicho que…
Pareceume un libro complexo para a pouca extensión que tiña o libro. Máis pareceume curioso e diferente que nos ensinase as distintas prespectivas de cada personoxe, esta foi unha característica que pe sorprendeu e me gustou ao seu tempo.
Gabriel Blanco ha dicho que…
Esta ben o libro pero creo que a súa historia non e tan boa, ademáis está ben que fale da época dos nazis en Galicia