Conmemorando o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, as lecturas deste mes estiveron enfocadas a tratar temas científicos como poden ser: a reacción do corpo cando se lle introduce unha vacina, a contaminación dos océanos por vertidos e á biorremediación a partir de microalgas.
O alumnado de 1ºESO resolveu as súas dúbidas sobre o que son as vacinas, como enganan ao sistema inmune e cales son as reaccións que ten o corpo cando nos vacinamos. Tamén falamos da importancia de vacinarse e daquelas vacinas que son recomendables poñerse e que veñen recollidas no calendario vacinal.
Ademáis, pasaron unha sesión moi divertida xogando ao xogo de cartas chamado "Virus".
O alumnado de 2ºESO, tras ler e comentar a banda deseñada titulada "Microalgas. O mar de ardora", observaron ao microscopio óptico algas e algún protozoo despistado nunha gota de auga.
Comentarios