Club 1ºESO- Xaneiro 2022

                                   CARTAS DE INVERNO

                                                                  Agustín Fernández Paz

Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. 

A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.









Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, en Galica, en España (Premio Nacional de Literatura) e en diferentes países, con dous títulos seus no prestixioso "Catálogo White Ravens da International Youth Library". Agustín Fernández Paz, persoa sinxela e entrañable, foi sempre un gran defensor da nosa lingua ao tempo que un gran defensor da calidade literaria da Lit. Xuvenil.

Comentarios

Saray Soneira Canosa ha dicho que…
A min encantoume o libro. Eu recomendo a xente que lle gusta o misterio.
Alba Santos Canosa ha dicho que…
Amin gustoume e recomendaríao, iso sí, o final, tería que ter unha segnda parte porque acabou cun final moi aberto.
ANTÓN ha dicho que…
A min gustoume este libro, porque fala sobre misterio, e recoméndollo ao tipo de lectores que lle guste esta materia.
Martina Devesa Romar ha dicho que…
A min me encantou o libro porque daba moita intriga e inda que o final foi un pouco triste é un libro misterioso e entretido
Anónimo ha dicho que…
Gustoume perque é moi orixinal e por outra parte non me gustou porque ao final non sabes como remata telo que imaxinar ti
Saray Tedín Bouzas ha dicho que…
A min por un lado gustoume o misterio e por outro lado non me gustou porque o final e moi aberto .Eu recomendo para os que lle gusten os misterios
Nicolás ha dicho que…
A mín encantoume este libro porque e un libro de misterio e estaba bastante interesante pero non me gustou o final porque e un final aberto e non sabes que lles pasou aos personaxes, non sabes se morreron, se foron ao inframundo ou simplemente desapareceron.