Club 1ºESO- Febreiro 2022

 LAS LÁGRIMAS DE SHIVA

César Mallorquí

A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...

Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...


Así é presentada esta novela de César Mallorquí sobre as relacións humanas, o paso do tempo e o misterio. Se tes vontade de saber un pouco máis antes de iniciar a súa lectura, velaquí o booktráiler:


Comentarios

Saray Soneira Canosa ha dicho que…
A min encantoume. Eu recomendo a xente que lle gusta as novelas de medo.