Reunión club de 4ºESO. Mes de febreiro

O mércores 23 de febreiro fixemos reunión do club de lectura de 4º da ESO en torno ao libro Iridium, de Francisco Castro. Todos os alumnos estiveron de acordo en que se trataba dun libro de lectura moi áxil,  rápida, pero cunha historia que, aos ollos do alumnado, queda inconclusa. Que pasaría con Iris e con Mario? Como continuaría a súa historia?  Quen sabe se Francisco Castro non estará pensando en realizar unha segunda parte para colmar a curiosidade destes novos lectores e lectoras que piden máis, que queren seguir sabendo das vivencias desta protagonista, Iris, quen, como din eles "dá moi boas vibras, porque é unha rapaza loitadora que tira para adiante". Así son eles tamén, os lectores e lectoras do club de 4º da ESo, que sempre enriquecen os encontros coas súas opinións e valoracións pertinentes e reveladoras.


Comentarios