Valiente
Nesta ocasión o alumnado de 1ºESO atreveuse coa segunda parte de Raritos, unha nova historia na que un chico ten que aprender a ser Valiente.
Nas súas fantasías, Jensen é un superheroe que inviste o seu tempo en salvar ao mundo. Pero no cole, a realidade é totalmente distinta: as mates resúltanlle indescifrables e facer amigos non é a súa mellor habilidade.
Ademais, Jenny e Akilah, as encargadas do xornal da escola, acolléronlle como mozo dos recados e tamén como coello de Indias para un proxecto sobre acoso escolar que teñen entre mans. De súpeto e sen aviso previo, Jensen ten que enfrontarse a unha realidade para a que non está preparado. Serviranlle de algo as súas fantasías ou terá que arremangarse e buscar solucións reais aos seus problemas tamén reais?
Comentarios
Hai que axudar a xente que o mais o precise.
A parte que mais me gustou foi cando Jensen estaba cos seus amigos.
A parte que menos me gustou e cando o rapaz se estaba dando de conta que o excluían e que o trataban moi mal.