Subnormal: Unha historia de acoso escolar

 O xoves 17 de novembro no club de lectura de 2º da ESO falamos sobre o libro “Subnormal”. Este libro trata sobre un neno chamado Iñaki, de 11 anos, que vai ao instituto. Os seus compañieros métense con el porque é moi alto e é percibido como un retrasado mental. 

Os  compañeiros acósano verbalmente,  chamándoo bobo, subnormal...  Tamén o agreden fisicamente golpeándolle, dándolle patadas puñetazos etc, e por último sufre ciberbullying,  xa que o meten nun grupo de mensaxería para insultado

Un día a súa profesora de matemáticas viu que se metían con el e a solución que ela lle deu aos pais de Iñaki foi apartalo do resto e que se quedara só na aula mentres os compañeiros estaban xogando.


 Un día chegou ao límite e foi suicidarse.  Despediuse dos seus pais e foi a un acantilado e ao final non se tirou pola súa familia. O seguinte día tivo que volver ao colexio e decidiu encararse cos que se metían con el e déronlle unha malleira na que case non sobrevive, quedou tan cambiado  que o seu irmán menor case non o recolleceu cando o viu no hospital.

Despois de falar do libro enseñáronnos un vídeo de Iñaki xa adulto dando unha conferencia nunha universidade sobre o acoso: como empeza e os problemas que conleva.

A miña opinión é que este libro é un pouco triste pero educativo porque mostra os tipos de acoso que existen no mundo, como son e que normalmente empezan
coma unha broma que despois vai empeorando.


Comentarios