O xoves 19 de xaneiro 4 alumnos de terceiro e cuarto da ESO reunímonos na sala de encontros para falar do libro “El murciélago que la lió parda”, un libro científico e informativo que nos fala sobretodo da Covid-19 e outros virus, como estes afectan ao noso corpo e ao noso sistema inmunolóxico e tamén como a covid afectounos no ámbito social. Todo contado cun toque de humor e coa opinión dos autores, entre os que destacamos a Ricaro Moure , Helena González Burón ou Oriol Marimón.
Aínda que é verdade que o libro precisa dunha base previa dalgúns coñecementos do noso corpo e do sistema inmune para poder entendelo mellor, non hai nada que non se poida buscar en internet e obter unha resposta a calquera pregunta en poucos segundos.
A min gustoume moito o libro, de feito estiven mirando outros libros da editorial do mesmo tipo. Eso si, recomendaríao a determinadas persoas que considero que lle poidan interesar o tema ou das que queiran aprender un pouco máis desta enfermidade.
En resume foi unha sesión moi agradable e espero xa á seguinte!
Marcos González López
Comentarios