O libro "Hermanito" é unha especie de autobiografía relatada polo protagonista do libro, un emigrante guineano que é axudado por un home español cando chega a España. A este emigrante ocórrenlle un montón de desgrazas ao longo do libro, incluído a perda de seres queridos, como por exemplo o seu irmán pequeno, que morre afogado intentando chegar ás costas españolas.
A min o libro, aínda que non o acabei, parecíame aburrido ata certo punto xa que a historia se me facía eterna, a pesar de ser un libro entretido. Eu recomendaríallo a aqueles que lles interesa o tema social nos países máis pobres.
Yerai Lobelos (3ºESO)
Comentarios