Club 2ºESO Novembro: Microalgas. O mar de Ardora

 Microalgas. O Mar de Ardora (Xulia Pisón)



As microalgas existen desde hai 1.500 millóns de anos e forman parte do fitoplancton mariño. A súa importancia é vital debido a que son o primeiro eslabón da cadea trófica e proporcionan gran cantidade de osíxeno á atmosfera. Coa axuda destes pequenos seres podemos salvar o planeta de ameazas como o cambio climático, a contaminación ou a desnutrición global.

As microalgas protagonistas na realidade


O alumnado de 2ºESO  disfrutou dun encontro no que participaron creando as súas propias personaxes do cómic a partir das imaxes reais das microalgas.

Tamén, descubriron cales son os poderes e funcións que realizan algunhas algas dentro ecosistemas e a importancia que teñen para o medio ambiente.




Comentarios