Club 2ºESO- Marzo. Las lágrimas de shiva

 O encontro do club de lectura do alumnado de 2º da ESO para analizar o libro “Las lágrimas de Shiva”, de César Mallorquí, foi unha experiencia enriquecedora para todos nós. Un dos puntos destacados da discusión foi a habilidade do autor para crear unha trama intrincada e chea de suspense que mantivo aos lectores e lectoras enganchados desde o principio ata o final. O alumnado asegurou apreciar o ritmo da novela e entreterse durante a lectura, o que explica que practicamente todos eles leran integramente o libro.



Outro punto que se destacou desta novela foi a precisión e pertinencia das personaxes que o integran e da relación que se estabrece entre elas. Efectivamente, a relación de Javier coas súas catro primas con nome de flores foi evolucionando e cambiando a medida que avanza a historia, volvéndose cada vez más profunda e forte, sobre todo coa súa prima Violeta.


A parte sobrenatural da novela, cunha casa encantada na que aparecen fantasmas, deu pé tamén a compartir experiencias persoais sobre situacións inexplicables que o alumnado viviu nas súas propias casas, como ruídos inexplicables, sombras amenazadoras e outras experiencias que mellor non contar para non asustar!


En resumidas contas, o encontro do martes 9 de abril foi unha nova ocasión para seguir compartindo lecturas, experiencias, reflexións e puntos de vista e, en consecuencia, coñecernos un pouco máis grazas aos libros.

Comentarios