Club 1ºESO Mayo: Demetrio Demoscopio

 O último encontro do club de lectura para alumnado de 1º ESO xirou ao redor do libro "Demetrio Demoscopio perdeu a chispa" da autora santiaguesa Berta Dávila.

O libro cóntanos a historia dunha comunidade de veciños dun edificio onde todos son persoas vellas, agás André, e bastante felices. O problema xorde o día que Demetrio Demoscopio perde a chispa e todos, capitaneados polo máis novo, intentarán por todos os medios que o seu veciño recupere ese don tan prezado.




No fondo, do que nos fala a novela é desas cousas que nos dan alegría de vivir e desoutras que nos quitan a ilusión e as ganas. 

O alumnado mostrouse moi aberto e disposto a compartir cos compañeiros e compañeiros todos iso que lles prende a chispa e tamén aquilo que lla apaga. As amizades, a familia, o mar, os animais... son algunhas das cousas que lles acenden a chispa.

Tamén tivemos a ocasión de contar uns contos para rematar a sesión rindo porque unha das cousas que aprendimos con Demetrio e André é que o bo humor nos dá a vida.



Comentarios