A CASA DA LUZ
Xabier P. Docampo

A novela "A casa da luz" foi adaptada ao cine polo realizador Carlos Amil, sendo un dos primeiros films para nenos que se rodará en Galicia en acción real. A película, falada en galego, está protagonizada por actores locais, elixidos en castings feitos nos centros educativos de todas as comarcas de Galicia, entre rapaces de 8 a 13 anos, sen importar se contaban con experiencia no mundo audiovisual. Foron seleccionados como protagonistas seis rapaces: Agustina Bentos, Sheila Carbia, Jorge Taboada, Javier López, Claudia Peña y Antón Sampedro. O equipo de actores completouse cos actores galegos: Gustavo Pernas, Xosé Manuel Oliveira, Susana Dans, Antonio Mourelos, Cándido Pazó, Xulio Lago o Camilo Rodríguez. A película rodouse no verán para que os rapaces non perderan as clases. A rodaxe tivo lugar en Baio, Betanzos e Moeche.
Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, conta na novela, ilustrada por Xosé Cobas, amigo e colaborador habitual do autor, unha aventura centrada nun grupo de nenos, que ten como fío condutor a desaparición dun amigo nun mundo descoñecido e misterioso.
A casa da luz quere convidar aos nenos -e tamén aos que deixaron de selo- a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa, que cada día podemos volver a casa máis sabios se conseguimos superar o medo ao descoñecido, que a amizade é máis indestructible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos permite vencer aos poderosos.

Comentarios