19/11/09

HISTORIA DE UNA MAESTRA
Josefina Aldecoa
"Historia dunha mestra" é un relato no que a protagonista rememora a historia da súa vida. Entregada a unha profesión que a leva de pobo en pobo, en condicións case sempre miserables, Gabriela vive a súa historia persoal nun período decisivo na historia de España: desde os anos vinte ata o comezo da Guerra Civil. O advenimiento da República, coas súas promesas de grandes cambios e a súa exaltación do papel dos mestres na transformación da sociedade española; a loita contra a ignorancia e o caciquismo; a revolución de Outubro vivida nun pobo mineiro: a violencia e o brutal desgarramiento familiar; a nostalxia recorrente da única aventura da súa vida, o seu destino en Guinea... Todo iso vai conformando a vida dunha muller testemuña e protagonista duns feitos que explican en gran parte os sucesos que viñeron despois.
Contada desde a verdade do recordo, con sentimentos que apenas nos atrevemos a recoñecer e desde unha progresiva toma de conciencia, Josefina Aldecoa ábrenos un camiño á esperanza e ao idealismo.
O seu entusiasmo polo traballo de ensinar queda recollido nestas liñas:
"Yo me decía: no puede existir dedicación más hermosa que ésta. Compartir con los niños lo que yo sabía, despertar en ellos el deseo de averiguar por su cuenta las causas de los fenómenos, las razones de los hechos históricos. Ese era el milagro de una profesión que estaba empezando a vivir y que me mantenía contenta a pesar de la nieve y la cocina oscura, a pesar de lo poco que aparentemente me daban y lo mucho que yo tenía que dar. O quizás era por eso mismo. Una exaltación juvenil me trastornaba y un aura de heroína me rodeaba ante mis ojos. Tenía que pasar mucho tiempo hasta que yo me diera cuenta de que lo que me daban los niños valía más que todo lo que ellos recibían de mí."
No club de lectura BPM Elio Antonio de Nebrija tamén leron este libro e tomámanos a liberdade de facer este enlace para coñecer algo da autora.

15/11/09

A NOITE D'O RISÓN
Gonzalo Moure
Hai corenta anos, nun bar de pescadores, chamado O Risón, dunha vila da costa do Cantábrico na desembocadura do río Eo, nunha noite de treboada, coma non se lembra outra, un grupo de mariñeiros atrapados polo temporal e varios personaxes misteriosos, comezan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos. Xunto a eles, o protagonista, unha persoa allea ao mar que non pode regresar á súa casa por mor do temporal, pasará unha noite inesquecible, na que as súas lembranzas se mesturan cos relatos escoitados en boca dos mariñeiros.
Trátase dun libro moi imaxinativo no que o autor, Gonzalo Moure, cóntanos varias historias de medo non apropiadas para ler nas noites de treboada: un mariñeiro decide amputarse un dedo para fuxir das voces de ultratumba, outro naufraga nun barco aos pés dun faro enchendo de ratas a costa... Son historias nas que o autor consegue espertar a nosa imaxinación. Ides alucinar con elas!
Gonzalo Moure na súa páxina web cóntanos entre outras cousas: "Nací en Valencia, vivo en Asturias, me siento también saharaui, es decir: ciudadano del mundo. Al principio escribía en un ambiente propicio, pero prefiero viajar: ahora escribo, más y mejor, en aviones, trenes, cafeterías y salas de espera. Lo que escribo se llena, entonces, de la vida en ebullición que me rodea". Se queres visitar a súa páxina pica na súa fotografía.

25/10/09

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
A. Daniel Rodríguez Castelao
Os vellos non deben de namorarse é unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita por Castelao, na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña".
Estreouse en Bos Aires o 14 de agosto de 1941, no teatro Mayo, con grande éxito, e o 8 de outubro no teatro Solís, de Montevideo, e, dende aquela, non deixou de representarse.
A obra foi dirixida na súa primeira representación polo propio Castelao, quen ademais deseñou toda a escenografía.
Castelao escribiu primeiramente o terceiro lance contando, coma nos outros dous, a historia dun vello que se namora dunha moza. Ao final da obra, un epílogo reúne os tres vellos mortos no cemiterio, para que eles nos conten o propósito da farsa.
Se picades na portada do libro podedes ver un vídeo.


video

04/10/09

LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES
Stieg Larson
Harriet Vanger desapareceu hai 36 anos na illa sueca Hedeby, propiedade practicamente exclusiva da poderosa familia Vanger. A pesares da investigación policial, non se atopou rastro da rapariga de 16 anos. Escapouse? Foi secuestrada? Asasinada?
O seu tío Henrik Vanger vive obsesionado con resolver o misterio antes de morrer. Nas paredes do seu estudo colgan 43 flores secas e enmarcadas. As primeiras 7 foron agasallos da súa sobriña. As outras chegaron puntualmente no seu aniversario, de forma anónima, desde que Harriet desapareceu.
Vanger contrata a Mikael Blomkvist, xornalista de investigación e alma da revista Millennium. Mikael non está pasando un bo momento: está vixiado e procesado por unha querela por difamación e calumnia. Detrás da querela está un gran grupo industrial que ameaza con derrubar a súa carreira e destruír a súa reputación. Así que acepta o estraño encargo de Vanger de retomar a investigación da desaparición da súa sobriña.
Un traballo complicado para o que recibe o agasallo inesperado da axuda de Lisbeth Salander, unha investigadora privada nada usual, incontrolable, socialmente inadaptada, tatuada e chea de piercings, e con extraordinarias e insólitas calidades, como a súa memoria fotográfica e a súa destreza informática. Así empeza unha novela que é a crónica da guerra interna dunha familia, un fresco fascinante do crime e do castigo, de perversións sexuais, de trampas financeiras, un armazón violento e ameazante entre o que con todo crece unha tenra e fráxil historia de amor.
Picando aquí atoparás outras informacións sobre este libro, os outros títulos da triloxía e sobre o autor.
CONTA SALDADA
SUSO DE TORO
Este libro xuvenil, escrito por Suso de Toro, está protagonizado por unha adolescente chamada Catuxa, que descobre a causa da morte do seu pai. Catuxa vai ao despacho de seu pai e alí, a aparición da pantasma do pai, infórmaa de que fora asasinado e rompe coa versión oficial que falaba dun suicidio. O pai confésalle o que realmente pasara aquel fatídico día no despacho, un cliente seu, matárao. Así mesmo, cóntalle que ten un irmán (Xermán) ao que debe levar unha suma de diñeiro como herdanza.
Catuxa, influída pola asistencia a unha representación do Hamlet shakesperiano, decide vingar a morte do pai coa inestimable axuda do seu irmanastro Xermán.
NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas de interese na adolescencia. Nela aparecen moitas referencias culturais: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador…
Pica aquí e irás ata a páxina da autora.

13/06/09

ARAOS ROSALIANOS
Os araos levantaron o voo para seguir a Ruta Rosaliana e visitar Bastabales, onde Sara leunos un anaco do famoso poema, logo a Casa Museo en Padrón e o por último o Museo do Pobo Galego.
Parece que dende o ano pasado a este aniñaron máis araos, pois, aínda que houbo un par de fallos de última hora, o número de araos en voo medrou bastante.
Déixovos aquí a información que repartimos na excursión e algunhas das fotos, miñas e de Olga, que fixemos.