2/1/11

EL CAMINO
Miguel Delibes
A terceira e unha das máis importante novelas de Delibes, El camino, foi publicada en 1950. Segundo el mesmo afirmaba, nela encontra a súa voz e estilo narrativos. Está considerada como unha das obras maestras da narrativa contemporánea.

Daniel, el Mochuelo, vai trasladarse á cidade para estudar o bacharelato. A noite anterior recorda os feitos que lle ocorreron na súa aldea, e descobre que o seu camiño está alí.
A novela é unha crítica, chea de ironía, do escurantismo, a ocultación, a rumoroloxía, o fanatismo e a hipocresía arraigados durante demasiados anos no medio rural. Un tema que Delibes tocaría con certa frecuencia posteriormente. Tamén nesta novela podemos observar unha crítica ao progreso que deshumaniza á persoa e degrada á natureza.

Delibes ten unhas excepcionais dotes de narrador e un gran creador de personaxes. Nas súas novelas relata a vida austera e mísera das xentes dos pobos de Castela, recollendo fielmente a súa forma de falar. Hai quen opina que para ler os libros de Delibes, debido ao léxico que emprega, nun futuro próximo necesitaremos facer uso do dicionario.

Un programa documental sobre o medio ambiente, El escarabajo verde, que leva por título Miguel Delibes, paisajes con palabras, fai un percorrido polos escenarios rurais de Castela que Miguel Delibes recolle nalgunha das súas novelas e fálanos do compromiso deste autor coa realidade do campo de Castela a mediados do século XX.

A partir desta novela faise unha película, en branco e negro, en 1963, dirixida por Ana Mariscal. Posteriormente, en 1977, unha serie de TV de 5 capítulos dirixida por Josefina Molina, que é un retrato da España rural e da paisaxe de Castela. Esta serie foi premiada no Festival de Praga en 1978. Moitos dos seus protagonistas son os habitantes de Molledo. Neste enlace ademais de poder ver esta serie, hai outros vídeos sobre o autor e a súa obra.


2 comentarios:

Luis dijo...

Semella que Delibes tuvo un pasado no rural algo resentido.Recrease moito nas miserias e o fanatismo das xentes do rural.Cando se publicóu polo ano 1950 podería ter moita aceptación entre as clases medias na que el comodamente seguro vivía,ainda que eu creo que o rural ofrecéu e ofrece outras virtudes moito máis dignas e fermosas de publicar en calquer libro.Sinxelamente non me gustóu este libro...... Saúdos

Silvia dijo...

Nun principio resultoume pesado, xa o leera hai tempo, pero non tiña ese recordo. Tanta repetición dos nomes e alcumes facía moi repetitiva a lectura. Despois según fun avanzando parece que algo máis foime enganchando. Estou de acordo con Luis que se recrea demasiado no aspecto negativo e de miseria do rural, aínda que Daniel non quería abandonalo. Recordoume a "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas.