TRES SOMBREROS DE COPA
Miguel Mihura
Tres sombreros de copa é unha comedia de Miguel Mihura, escrita en 1932. Esta obra supón, pola súa orixinalidade, unha ruptura co teatro cómico anterior.
Mihura contrapón dous mundos enfrontados e irreconciliables: o burgués, hipócrita, ríxido e limitado por unha moral estrita, e outro máis libre e vital no que aínda é posible a imaxinación e a pureza de sentimentos.
Cando Mihura lla deu a coñecer a varios empresarios e actores en 1932, estes non a entenderon e a obra quedou sen estrearse durante 20 anos, ata que en 1952 o Teatro Español Universitario estreouna dirixida por Gustavo Pérez Puig no Teatro Español de Madrid. O público, composto en gran parte por xente nova e entendida, acolleuna con gran entusiasmo. Ao pouco tempo estreouse en réxime comercial, pero o público habitual dos teatros tampouco a entendeu, e retirouse de cartel despois de 48 representacións.
A partir desta experiencia, Mihura decidiu facer outro tipo de teatro máis alcanzable ao público do seu tempo. O propio autor dixo que esta obra chegoulle a caer "antipática", debido ás moitas dificultades para estreala.
A primeira edición desta obra imprimiuse en 1947. Desde entón, son numerosas as edicións e reedicións que se realizaron, sendo na actualidade unha das obras máis editadas e máis vendidas da historia do teatro español.

Comentarios

Auri ha dicho que…
Pareceume esta comedia unha frenética loucura cun humor moi absurdo e situacións subrealistas que, por momentos, me fixeron recordar algún dos discursos de Groucho Marx. Pero este humor trata de disimular a amargura das vidas dos personaxes. Dionisio, un personaxe carente de vontade, descubre na noite anterior á súa voda que o matrimonio non é a vida que quere. Paula déixase explotar e maltratar por Buby. Aos dous gustaríalles romper coas súas vidas, soñan con outra vida mellor, máis feliz, pero Dionisio non é capaz de fuxir da súa voda e Paula bota os sombreiros ao aire que caen ao chan o mesmo que as súas ilusións.
A verdade é que non me gustou, incluso algunhas das "grazas" hoxe resultan algo racistas.