UN MUNDO FELIZ
Aldous Huxley


A vida transcurre case tal e como estaba prevista para Bernard (un Alfa-máis) e Lenina (unha  Beta-máis) no seu mundo feliz. Pero a intelixencia que lle foi permitida a Bernard, xunto cun aspecto físico non tan excelente como debera ser nun exemplar da súa caste, crea unha certa incomodidade, unha adaptación non  tan perfecta á Sociedade como era de esperar. O problema real xurde cando, en compañía da ‘neumática’ Lenina visitan a Reserva dos salvaxes, que viven faltos da tecnoloxía máis elemental e nun conglomerado de creenzas que veñen de épocas anteriores á creación da “Sociedade”. Alí coñecen a John (el salvaje), nacido por un fallo do sistema de anticoncepción e que resulta ser fillo do xefe de Bernard.  Grazas a esta característica levan a John con eles ao seu mundo, onde as diferentes formas de entender a vida, e ao ser humano, entrarán en conflito...
 Un mundo feliz é unha novela escrita en 1932 (!!) onde o autor describe unha sociedade futurista (?) aparentemente feliz: os seres humanos son concebidos de forma industrial, con características xenéticas específicas. Son condicionados psicoloxicamente desde o seu nacemento para aceptar sen problemas o seu ‘status’ social e o traballo para o que foron diseñados. Ademáis teñen o “soma” como ‘premio’ e como forma de facer desaparecer calquera tipo de inquietude por pequena que sexa. As relacións entre persoas son sempre superficiais e os encontros sexuais son favorecidos sempre e cando non impliquen o “risco” dunha relación máis profunda. Unha dictadura perfecta camuflada como unha especie de democracia saludable, sen problemas e sen conflictos... e tamén sen seres 'humanos'.

Comentarios

Isa :) ha dicho que…
Ainda non lin todo pero non me esta gustando porque fala dun futuro moi extraño, no que lle torturan aos rapaces para que de maior sean felices, eso non e bo. A infancia e unha das mellores epocas das nosas vidas e ainda que foran alfas e betas pos deberian facer que tivesen unha boa infancia.
A ver como continua
Alfonso ha dicho que…
Un libro excepcional dende o punto de vista que se mire. Contrapón os dous mundos, o mundo científico-tecnolóxico e o mundo espiritual. A idea básica é sinxela: A soidade a pesares de estar rodeado dunha multitude, a soidade inducida pola diferencia. Pero tamén aborda outros moitos temas, como a integridade dos individuos (nunha sociedade na que cada vez é máis difícil selo), o ocultamento de sentimentos. E por certo, podemos chegar a pensar, que nós, os europeos, por exemplo, habitamos un mundo feliz?
O Mundo de Saturno ha dicho que…
Este libro a min gustoume, foi distinto ao que veño lendo e un pouco máis complicado pero que se puido ler e entender.
Da pé a falar de diversos temas e por iso fixen unha entrada máis grande no meu blog (pinchar no meu nome ).
Nese mundo onde a finalidade era a felicidade a través da estabilidade social, onde non hai emocións e todo se soluciona con soma. Dende o meu punto de vista sería todo moi aburrido, se todos teñen a mesma mentalidade, e todos se adican a facer o mesmo (cada un no seu grupo).
Ademais, a xente non era libre, non podían facer moitas cousas, que en principio, non poden causar ningún mal. Pero tamén, que dende pequenos digamos que xa se lle educou para evitalos.
Digamos que agora tamén nos deixamos infuir polo que nos digan, por algo se establecen as “modas”, por dicir un exemplo. E no que seguro que coíncidimos todos é que todo o mundo busca a felicidade e que, se nos enontramos tristes, cada quen ten o seu soma particular para solucionalo.
E o que non estou de acordo e que non soe pasar é que no libro, era "un mundo feliz" pero sen familias, sen sentimentos, sen cultura, sen relixións...


Laura ha dicho que…
Por certo, son Laura, que me olvidei de deixar o nome!:))