REBELDES (outsiders)
Susan E. Hinton

Ponyboy Curtis, de 14 anos, estuda secundaria e é bastante intelixente, sensible, que saca boas notas e ten intereses variados, incluída a lectura. O que parece non pegar tanto é que  pertence a unha pandilla dos chamados “greasers” (por usar ‘grease’-brillantina), de clase social baixa en contraposición aos “socs”, pandillas de rapaces de alta ‘sociedade’. Os ‘greasers’ viven moitas veces ao filo da lei, sobrevivindo como poden, con traballos mal pagados. Hai moita unión entre eles, e Ponyboy sempre pode contar cos seus hirmáns e con amigos como Two-bit.  Pola contra os ‘socs’ son xente con cartos que usan roupa boa e  conducen os coches cos que soñan os ‘greasers’, aínda que non todo é tan marabilloso como parece en principio.
Ponyboy vive cos seus hirmáns Sodapop e Darry, logo da morte dos pais. O maior, Darry, síntese responsable deles, especialmente de Ponyboy, aínda que este non entende moi ben o control do seu hirmán, que intenta que consiga unha vida mellor que a que ten el mesmo.
Sen querelo, Ponyboy e o seu amigo Johnny vense metidos nunha liorta cun grupo de Socs e un deles acaba morto. Ponyboy e Johnny acaban fuxindo...

Susan Eloise Hinton naceu en 1950 en Tulsa, Oklahoma. Escribiu profusamente na súa adolescencia ante a incapacidade de atopar libros que realmente lle gustasen nas bibliotecas da súa cidade natal. Con dezasete anos publicou a súa primeira novela, Outsiders (Rebeldes, 1967), que tivo un gran éxito de crítica e público e foi traducida rapidamente a varios idiomas, vendendo en total máis de nove millóns de exemplares nun só ano. O libro foi adaptado ao cinema por Francis Ford Coppola en 1983 e nel podemos ver de novos a algúns dos actores máis coñecidos hoxe.

Comentarios

Laura ha dicho que…
Este libro encántame, Eu xa o lera o ano pasado e esta segunda vez aínda me gustou máis. Ademais comprobei detalles que anteriormente non me fixara. Quero destacar dous puntos:
1º- A vida de ambos grupos viña influida ppola educación na casa. No caso do protagonista, a norte dos seus país; no caso de Jonny, como os pauis case nin se preocupaban del… A do grupo dos “socs” creo que, o máis probable (e isto é o meu puntos de vista) é que, como se trata de familias adiñeiradas, seguramente os seus país estarían demasiado ocupados nos seus negocios (ou de ir a peluquería, quen sabe?).
Todo isto nótase nun detalle que comprobei onde Ponyboy bótase a fumar no hospital e un home extráñase de que, sendo tan novo, xa fume. Pero para el era normal porque dende pequeño está vendo normal ver, rapaces da súa actual idade ou de menor, fumar.
Como agora é normal ver a un rapaz de 12 anos xogando aos coches (por exemplo), nun futuro seguramente será cun móvil (porque xa os estamos vendo).
2º- E as consecuencias finais, que veñen definidas por unha vida levada ao extremo onde non hai límites.