3/2/14

A COROA DE NAPOLEÓN
Jaureguizar
Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña. No medio desta celebración acontece algo que poderá crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón, cedida para os actos polo goberno francés, desaparece. Para resolver a situación aparece Tintimán, unha sorte de xornalista-investigador de dezaseis anos, estudante de bacharelato, algo así­ como un superheroe un pouco impertinente. Tintimán, vestido de soldado francés, asiste aos actos de recreación da batalla de Elviña de 1809 xunto á Torre de Hércules. Ao día seguinte, coa praza de María Pita ateigada de xente, desaparece a coroa. Debe aparecer inmediatamente. Tintimán será quen de descubrir o acontecido axudado por Mónica e o seu gato Grozni.

Santiago Jaureguízar Ruiz de Zárate, naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965.  Aínda que naceu en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo a onde veu vivir sendo un neno. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo desde 1993. Os seus inicios literarios están vencellados ao movemento Bravú con títulos como Fridom Spik, Comendo espaguetis diante da televisión, As horas sucias e Breve crónica universal da clase obreira. Gañou o premio Xerais 2003 coa novela negra Casa Skylab que forma parte dunha triloxía.

 A Batalla de Elviña foi unha batalla da Guerra da Independencia Española. Tivo lugar entre 14.000 soldados británicos, aliados dos españois nese momento, e 16.000 soldados franceses. A maioría do antigo campo de batalla está ocupado hoxe en día pola Universidade da Coruña, onde se levanta un monolito conmemorativo. Cada certos anos faise unha recreación histórica da batalla, coa colaboración da asociación "The Royal Green Jackets". Podes ver un vídeo sobre a recreación aquí.

3 comentarios:

Tania Suárez 2-B dijo...

Non me gustou moito o libro pero gustoume falar de el e de pasar o recreo con vosco

mireia1ºB dijo...

grazas a este libro coñecemos moitas cousas novas da Batalla de Elviña e vamos a ir a unha excursión llupiiii jejejje ;)

mabel 2ºA dijo...

o que mas me gustou deste libro fui queee......

¡¡¡¡¡¡ FOMOS DE EXCURSIÓN !!!!!!!!!!!