20/4/16

NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador…
Tes abondosa información sobre a autora no propio libro, pero podes picar no poster dixital de aquí abaixo e irás á páxina oficial de María.

5 comentarios:

César Carvalhal Tajes 2ºA dijo...

Hola, son César de 2ºA e quero dicir que amín o libro gustoume moito , porque xa o primeiro día que empecei a leelo xa me gustou, e dicir que leía con gusto cada vez que collía este libro. En resumen o libro gustoume moito, pero menos que 'Unha estrela no vento' que por ahora foi o libro que máis me gustou.

Álex dijo...

Hola sou Álex Carril de 2ºB.Aqui vai o meu comentario.

O libro é moi realista porque ten razón que hai moitos embarazos de menores e é moi entretido porque é coma se fose a vida dun amigo meu (como se lle tuvese leendo o diario a escondidas)
En resumen o libro ta ben pero coma sempre hai mellores.

Moisés Pérez Bermúdez dijo...

hola, el libro me gustó perque trata sobre un adolescente.

Miriam 2°A dijo...

O libro gustoume moito o mellor dos que levamos leídos.

Martín 2°B dijo...

Ola, son Martín Luaces Castro de 2°B i este libro pareceume o mellor dos que lemos no club neste 2016. É un libro moi entretido, cando Dani asiste a clase, róuballe a moza ao seu compañeiro Andrés, a éste pareceulle mal e comenza a levarse mal con Dani. Pero cando o coñece mellor faise amigo del. Dani era pobre e ía sempre vestido ben para que non superan a súa situación. Pareceme mal que se levarán así.
O libro ten moito máis contido moi interesante, reflexa moi ben a adolescencia.
Como xa dixen antes, gustoume moito.👍