10/1/17


DRAGAL
A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.
Elena Gallego Abad debutou na narrativa galega con esta primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se iniciou, ademais, unha triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.
A autora naceu en Teruel en 1969 e criouse en Verín. Traballou en diferentes emisoras de radio e tamén en varios xornais. Na actualidade traballa en Cangas do Morrazo. Xa publicou a triloxía completa Dragal, A metamorfose do dragón e A fraternidade do Dragón e xa publicou tamén o primeiro libro dunha nova trioloxía en torno ao último dragón galaico A estirpe do Dragón. Podes ver máis picando aquí.

13 comentarios:

Alfredo Vázquez 1.C dijo...

O libro ao meu gusta no estivo tan mal nin tan ben.O que mais me gustou foi o capitulo final encantoume.

Pablo Maertínez Pose 1 B dijo...

O libro non me gustou nin me desgustou non estivo mal.O único malo e que había moitas palabras que non entendia

Erika Andrade 1ºB dijo...

A min non me gustou

Raúl 1c dijo...

Non me gustou moito. Devido a que o principio parecia que iba a estar ben pero ao final non me gustou

Anónimo dijo...

A min non me gustou moito porque eu xa non creo nos dragóns e era moita fantasía.

lucas 1ºc dijo...

a min gustoume muit,pero o que mais me gustou foi o final

Jéssica Blanco 1ºC dijo...

A min o libro non me gustou moito.
A historia esta ben pero non me gusta como acaba.

carla 1c dijo...

El libro al principio no me gusto pero cuamdo conocio a Monica me encanto

DANI 1ºA dijo...

O libro estivo bastante ben.

Adrian 1c dijo...

Este libro esta bastante bien pero me gusto mas el pricipio

yolanda 1ºA dijo...

Gustoume moito

Sergio Paz 1ºB dijo...

Amin gustoume sobre todo o final porque eso de sacrificar a Mónica deixoume ca intriga

Marta Baña Cerdeiras 1ºC dijo...


Os últimos capítulos gustáronme moito máis que os primeiros, pero en resumen bastante ben. ;)