26/2/18

A FRATERNIDADE DE EIHWAZ

                                                                                        César Mallorquí
Resultado de imagen de a fraternidade de eihwaz


Personaxes do pasado e do presente conflúen e discorren polas páxinas desta novela. Todo comeza coa chegada de Óscar a Orballo de San Boaventura, unha tranquila vila da costa galega, berce da súa familia que ben podería ser calquera das vilas nas que vivimos nós. Ósacr e os seus amigos atopan cousas pouco comúns e descubren tamén que non todos son o que parecen, e que unha asociación ben intencionda, en apariencia, esconde propósitos escuros, moi escuros.
Mais poida que todo empezase moito antes, moitos séculos. E as pedras milenarias segan  a gardar segredos...


César Mallorquí, a quen xa coñecemos por títulos com "Las lágrimas de Shiva", di de si mesmo:  Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986.

8 comentarios:

Nerea Santos 3ºA dijo...

Este libro pareceume pouco interesante xa que realiza cambios temporais que poden ser liosos, a parte de que me resultou algo irrealista.

Carolina Pasantes 3A dijo...

Este libro non foi dos meus preferidos,xa que non e dos xéneros de lectura que mais me gusta e tamén porque era moi lioso e non foi dos que menos me custou leer.

María dijo...

Non me gustou moito, xa que me pareceu moi lioso os acontecementos.

Yanira 3ºA dijo...

Este libro non o recomendo xa que os saltos no tempo fixeronme dudar do que estaba a leer, aunque os temas eran moi interesantes non fixeron que o meu interés aumentase.

Helena 3ºA dijo...

Este libro gustoume por unha parte, pero por outra non me gustou demasiado.
Gustoume o tema dos nazis e das fraternidades e todo iso, porque me parece moi interesante. Non me gustou que derá saltos no tempo e no espazo.

Paula Romar 3ºB dijo...

Non me gustou este libro porque me pareceu lioso ao cambio de tempo

Xabi Lemus 3ºA dijo...

O libro a verdad gustoume moito, aínda que a última parte a verdade deixa moito que desexar xa que mezcla a parte de Orballo e a do crómlech.

jose dijo...

ola, este libro estivo bastante ben pero tiña alguns problemas no final