O can dos Baskerville 

o can dos baskerville-arthur conan doyle-9788497825979É unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.



Arthur Conan Doyle
Arthur Conan Doyle



Foi médico, novelista e escritor de novelas policíacas, creador do inesquecible mestre de detectives Sherlock Holmes.
Conan Doyle naceu o 22 de maio de 1859 en Edimburgo e estudou nas universidades de Stonyhurst e de Edimburgo, nesta última estudou medicina desde 1876 ata 1881. En xuño de 1882, mudouse a Portsmouth. Estando aí, instalou unha clínica. Ao principio non lle foi moi ben con ela, polo que no seu tempo libre comezou a escribir historias novamente. Tivo tanto éxito ao comezo da súa carreira literaria que en cinco anos abandonou a práctica da medicina e dedicouse de maneira total á escritura. O seu primeiro traballo destacado foi "Estudo en escarlata", onde o autor crea ao máis famoso detective de ficción, Sherlock Holmes, que se publicou en 1887. O autor baseouse nun profesor que coñeceu na universidade para crear ao personaxe de Holmes coa súa enxeñosa habilidade para o razoamento deductivo. Igualmente excepcionais son as creacións dos personaxes que lle acompañan: o seu amigo bondadoso e torpe, o doutor Watson, que é o narrador dos contos, e o archicriminal profesor Moriarty.








Comentarios

Jéssica Blanco, 3ºA ha dicho que…
A min este libro non me gustou moito, polo feito de que se me fixo bastante largo. O narrador, neste caso Watson explicaba demasiado, desde o meu punto de vista, as pistas que atopaba. E non so iso, o final non me gustou moito, a verdade e que me esperaba algo máis sorprendente, non o final sinxelo que escribe Arthur Conan.
Katia 3ºA ha dicho que…
A min este libro non me gustou porque, na miña opinión, é muy aburrido e difícil de ler. Ademais, o final non foi moi sorprendente. Personalmente xa non me gusta este tipo de libros pero de todos os que lin foi o que menos me gustou.