22 SEGUNDOS

                                                                     EVA MEJUTO
                                                                                                             




Resultado de imagen de 22 segundos
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este blog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.
Resultado de imagen de eva mejuto

Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster "Libro Ilustrado e Animación Audiovisual" da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela " 22 segundos " é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017). Acaba de publicar a súa última novela: "Memoria do silencio".

Comentarios

Paula Carril 2A ha dicho que…
Gústoume moito porque tratou de un tema mui bonito, ata me fixo chorar! Recomñendoo lelo!!
Naira 2ºA ha dicho que…
Me gusto mucho,soy fanática del tema y me gutaría leer mas libros sobre transexuales y el LGBT.
Anónimo ha dicho que…
Gustoume moito e pareceme que estos libros poden axuadar a moita xente e son bastante necesarios. é unha historia moi bonita.
Soraya 2º B ha dicho que…
Gustoume moito e pareceme que estos libros poden axuadar a moita xente e son bastante necesarios. é unha historia moi bonita.
Rosalia 2ºB ha dicho que…
Gustoume moito,ainda que no final doume un pouquiño de pena cando o avó morreu,pero o que mais me impresionou foi que pasara de verdade.
siomara 2 a ha dicho que…
Me gusto mucho,me gusta que haya contenido lgbt+,lo unico que no me gusto fue la muerte del abuelo
Ana 2ºB ha dicho que…
Gustoume moito, pero sobre todo a actitude do avó tolerando todas as decisións de Álex. Deume moita pena que morrese. O que máis me sorprendeu foi que fose basado en feitos reais.
gabriel blanco ramos ha dicho que…
me a gustado mucho y e apredido que nadie debe insultar a nadie por como se siente mas bien con su cuerpo porque su cuerpo es de el y de nadie mas :>
Elena Moreira ha dicho que…
gustoume moito pero doume moita pena cando morreu o avó
botana ha dicho que…

bue en fin o libro pareceume moi interesante e bastante boa obra de valor literario pa estar basada en feitos reales e un bo libro que recomendo a xente
sara 2ºb ha dicho que…
encantoume porque nunca entendera muy ben ese tema
andrea 2ºa ha dicho que…
me gusto mucho porque creo que es muy necesario hablar de estos temas
Elena Vázquez 2ºB ha dicho que…
Gustoume moito este libro xa que paréceme que este tema non se fala moito e debería normalizarse. Oxalá moitas persoas máis como o avó de Álex.
Martina 2º B ha dicho que…
Gustoume moito, trataba un tema que se intenta ocultar pero que é moi importante falalo xa que lle pode axudar moito á xente que está pasando por eso.
carla sar ha dicho que…
gustoume moito,foi moi entretenido e volveía a lelo.
Fátima Ferrín ha dicho que…
Gustoume moito o libro porque ten un tema que pasa as veces pero que non todo o mundo coñece
paula.v 2ºa ha dicho que…
encantoume, adoro este tipo de libros que tratan cousas importantes.Merece a pena lelo