O vixía no Centeo

 J. L. SALINGER

O Vixía no centeo relata a experiencia vital de Holden Caulfield, un mozo de dezaseis anos a vivir a intensidade da adolescencia e as dificultades de adaptación nun esquema de vida adulto que lle acarretan numerosas dificultades, rexeitamento e amargura. A súa visión do mundo e dos seus semellantes é desalentadora e contraditoria.

Esta novela publicada nos Estados Unidos de América por J. L. Salinger en 1951 xerou grande controversia pola linguaxe utilizada e o atrevemento para falar de asuntos como a sexualidade e a ansiedade da mocedade nun contexto pouco receptivo para iso.

Toda a polémica que xerou naquela altura, catapultou a esta obra e ao seu protagonista ao nivel de icona da rebeldía adolescente e, á categoría de libro de culto.

Recoñeces no personaxe de Holden Caullfield esa rebeldía adolescente ou hoxe en día pasaría inadvertido? Encontras moitos Holden no teu grupo de amizades?


Este xoves, na sesión do club poremos en común as nosas impresións sobre esta historia!



Comentarios

lucas ha dicho que…
O libro pareceume moi entretido porque aínda que o rapaz se lle ve como unha mala persoa por dentro era bo e e queríalle a sua irmá
Paula Carril ha dicho que…
Este libro estivo ben, era algo intrigoso, e gustoume a personalidado do rapaz. O meu personaxe favorito foi a súa irmá e tamén o cariño que se tiñan entre eles.
Fátima Ferrín ha dicho que…
En xeral gustoume bastante, pero o que máis bonito me pareceu desta historia foi o afecto que lle tiña a súa irmá
Gabriel Blanco Ramos ha dicho que…
Pareceume algo malo, porque non tiña moito sentido o libro era moi lioso, ademáis o personaxe é moi raro, pero o libro demostrou máis ou menos ben como era un estudiante que non saca boas notas.