O CORAZÓN DE XUPÍTER

LEDICIA COSTA

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

 Así é presentada esta novela de Ledicia Costa que aborda unha historia de amor e sedución no marco das redes sociais. O alumnado do noso club de 3ºESO ten exemplos a moreas: propios, alleos e outros máis mediáticos. O tema dá de si e dá conta de como a tecnoloxía ten atravesado -tamén- as nosas relacións afectivas.

Ver para crer! A ver se temos sorte e podemos cruzar impresións coa autora neste curso! Crucemos dedos!

Comentarios

Paula Carril ha dicho que…
Este libro é un dos meus preferidos. Cando o leín, precisei acabalo pola intigra. Encantoume todo, e ainda que moitos non entendían a protagonista, era algo normal que falara con Xúpiter, porque ela sentíase mal e agobiado por moitos motivos (mudanza, escola...). E tamén me gustou os temas a tratar.
Fátima Ferrín ha dicho que…
Este libro gustoume moito porque dende o meu punto de vista, creo que trata temas actuais como o tema de Xúpiter, xa que é importante o de falar con descoñecidos por calquera rede social é perigoso.
Por outra parte tamén me gustou pola intriga xa que cando acabas de ler un capítulo tes a necesidade de continuar para saber o que vai pasar
Gabriel Blanco Ramos ha dicho que…
Para min pareciome un bo libro, con boa estrutura e con personaxes bos, pero sigo sin entender porque se pode enamorar a protagonista só do que escribe el, porque coma quen di nin o conoce pero bueno, esa é a única falla que lle vexo ao libro.