Antía e Daren. O misterio dos torques roubados

 VALENTÍN ALVITE


No club de 1º ESO limos este mes de maio o título “Antía e Daren. O misterio dos torques roubados” escrito  por Valentín Alvite, antigo profesor do noso centro.

A historia que presenta unha liña detectivesca, serviu para compartir o último encontro do club deste curso na compaña do autor.

A pequena novela relata a historia dun xefe de policía, Rigoberto Raposo, á espera dun caso que o catapulte á fama e o prestixio profesional. O que descoñece é que Antía e Daren, dous rapaces da tranquila vila de Uz, perseguen o mesmo obxectivo: resolver o enigma dos torques roubados.

A obra, que foi gañadora do premio literario Raíña Lupa 2019, serviu de pretexto para falar de literatura xuvenil intercambiando puntos de vista, nesta ocasión en formato presencial.



Comentarios