Todo o tempo do mundo

 DAVID PÉREZ IGLESIAS

A novela que foi premio Merlin 2016 de literatura infantil foi a escollida para clausurar o club de 3ºESO. Non obstante, aínda que en apariencia semelle un bonito e inocente relato, é un libro de certa fondura e de posta en valor da identidade propia e das relacións humanas máis esenciais.

A historia de Ariadna serviu de pretexto para falar sobre canto coñecemos o medio no que vivimos, o apego por unha paisaxe, polas nosas palabras e toda a bagaxe da cultura tradicional que nos transmiten os maiores da casa, así as nosas vidas transcurran lonxe do lugar natal. Todo o tempo do mundo é o helo entre o que fomos e o que seremos. Unha novela que fala da raíz.

O alumnado deste club, tan participativo como sempre, soubo encontrar os lugares comúns entre a súa experiencia persoal e o que nos conta esta pequena novela.

Comentarios