Club 1º. O neno de lume

Reunímonos os membros do club de lectura de 1º da ESO para comentar o libro "O neno de lume" da escritora viguesa Ledicia Costas. Foi unha reunión entretida na que falamos dos personaxes do libro, da historia e tamén das bonitas ilustracións que acompañan o texto. Como o neno protagonista ten un poder máxico, nós tamén aproveitamos para comentar cal é o poder que nos gustaría ter. Ser invisible, voar, súper forza... foron algunhas das cousas que se nos ocurriron. En xeral, o libro gustou bastante. Ademais, é moi sinxelo de ler e non moi longo.

Comentarios