Club 1ºESO Diversidade; Raritos

 Quen non se sentiu algunha vez "Rarito" ou " Rarita", diferente dos demais por algunha peculiaridade, algunha característica ou por ter un gusto que o resto dos amigos e amigas do grupo non comparten? Desas personas fala o libro de  Svetlana Chmakova.

Penelope, a protagonista, atopa o seu lugar no club de letras, persoas afines a ela que comparten os seus mesmos intereses: debuxar,  realizar bandas deseñadas, pintar, ler...

O libro serveu como punto de partida dos alumnos e alumnas de 1º da ESO para falar non só das personas que se sinten diferentes senón tamén para  das consecuencias que pode acarrear o "ser diferente", a saber, a posibilidade de sufrir burlas  e ofensas por parte dos demais. Na sesión o alumnado falou de situacións persoais nas que se viron envoltos  e que resultaron desagradables para eles. Por exemplo, alumnado de cursos superiores que se burlaban desta ou doutra característica física ou pola roupa que levaban posta os estudiantes de . A conclusión a que chegamos é que esas situación, para poder solucionalas, hai que visilbilizalas e falar delas con outros compañeiros, familiares ou profesores para que poidan ser tratadas de xeito adecuado. Moitas veces os estudantes non falan porque teñen medo das represalias e prefiren calar  e aguantar. Pero esta solución só perpetúa a situación e non deixa marxe de cambio. 




Comentarios