Club de 2º, 3º e 4ºESO. Noite de temporal

 En 2º ESO todos leron o libro e comprenderon o argumento; o que máis lles chamou a atención foi a historia dos protagonistas (o oficial de máquinas e as tres mozas que salvaron os superviventes). Con todo, ao ir dando diferentes visións dos mesmos feitos a narración fíxoselles un pouco repetitiva. Finalmente, a profesora propúxolles escribir unha carta aos náufragos e metérena nunha botella para lanzárena ao Atlático e que, tal vez, navegue polo mar até o Alén.




A lectura foi máis axeitada para o alumnado de 3º e 4º da ESO, tiñan interese nas circunstancias que provocaron o naufraxio, o tipo de buque, as características da sociedade da época, as comunicacións e a forma de narrar perspectivista. Impactounos especialmente unha escenas moi gráfica e emotiva: a da nai que tiña varios fillos agarrados ao seu colo e á cal o mar, con cada nova onda,lle foi arrebatando todos, un a un.


Como colofón á lectura deste libro, o alumnado dos clubs que leron a obra tiveron a oportunidade de manter un encontro co autor, Manuel Núñez Singala, na biblioteca do centro. Singala deulles as claves creativas da novela e ensinoulles a importancia, entre outras cousas, da orientación no mar a través da rede de faros, aínda vixente hoxe en día mais totalmente vital na época en que aconteceu o afundimento do Santa Isabel.




Comentarios