Club 1ºESO Novembro: Raritos

Libro” Raritos”, de Svetlana Chmakova 




O día 28 de novembro inauguramos o Club de Lectura de 1º da ESO cun grupo moi motivado e participativo e coa emoción que implica comenzar unha actividade por primeira vez, posto que para eles ía ser o seu primeiro encontro. Todo o alumnado traía o libro lido porque lles resultou moi sinxelo a súa lectura e porque a historia captou a súa atención. Como comentaba Héctor, “ a historia parece infantil pero logo ten historias como o acoso e a violencia doméstica que dan para falar e pensar”. E, efectivamente, elaboramos un diálogo colectivo no que debatimos sobre algúns dos temas tratados no libro e tamén sobre o concepto de ser “rarito” e ata que punto se nos podía aplicar a cada un de nós. Aquí quedan recollidas algunhas das impresións de alumnas que formaron parte deste encontro, no que se falou abertamente das experiencias persoais no que respecta a temas como o acoso e o rexeitamento grupal. 




“Falamos sobre o libro “Raritos” que conta a historia dunha rapaza que chega nova a un instituto e que trata mal por vergoña a outro rapaz que sempre andaba so e ao xa que o acosaban. No club de lectura falamos sobre se nos pasara algo similar cando eramos pequenos e algúns rapazes e rapazas contaron as súas experencias de rexeitamento vividas no colexio de primaria e foi sorprendente escoitar a algúns dos meus compañeiros porque non sabía que lle tiveran acontecido iso”. Claudia (1oB) “Estivemos falando un pouco sobre o libro de Raritos, sobre a portada, os personaxes, a autora... Tamén falamos sobre os gustos diferentes, un pouco sobre o bullying e tamén sobre os problemas persoais”. Ainhoa (1oA)

Comentarios