SETE CAVEIRAS
Elena Gallego Abad
Esta novela de misterio está ambientada na cidade de Vigo. A xornalista Marta Vilas descobre un cadáver aboiando no porto vigués de O Berbés. No peto do morto hai un pequeno xoguete (un click) que deixou alí o asasino.
Nos día seguintes irán aparecendo na ría de Vigo unha serie de cadáveres que teñen en común a presenza dun click en cada un deles: un motorista, un garda civil, un informático...
Descifrar o misterio destes macabros asasinatos converterase para Marta Vilas nunha obsesión, debe descubrir ao asasino antes de que sexa demasiado tarde.
A AUTORA: Elena Gallego Abad
Quen mellor que a autora para falarnos de ela mesma na súa páxina web.
Sete caveiras foi publicado no ano 2014. Neste ano 2017 publicou O xogo de Babel.
No programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia fixéronlle esta entrevista (atoparédela aproximadamente entre os minutos 13 e 20 do programa).
A MOVIDA:
A movida viguesa foi un período de creación cultural que se desenvolveu en Vigo durante a primeira metade dos anos 1980 ao mesmo tempo que en Madrid tiña lugar a movida madrileña.
Descifrar o misterio destes macabros asasinatos converterase para Marta Vilas nunha obsesión, debe descubrir ao asasino antes de que sexa demasiado tarde.
A AUTORA: Elena Gallego Abad
Sete caveiras foi publicado no ano 2014. Neste ano 2017 publicou O xogo de Babel.
No programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia fixéronlle esta entrevista (atoparédela aproximadamente entre os minutos 13 e 20 do programa).
A MOVIDA:
A movida viguesa foi un período de creación cultural que se desenvolveu en Vigo durante a primeira metade dos anos 1980 ao mesmo tempo que en Madrid tiña lugar a movida madrileña.
A movida de Vigo, unha cidade marcada entón pola reconversión industrial e o paro, foi a gran sorpresa. Un reducido grupo de xente nova empezou a xuntarse no pub Angara no que se escoitaba música de grupos locais como Mari Cruz Soriano e os que arranxan o seu piano, que logo pasou a ser Siniestro Total.
As primeiras actuacións de Siniestro Total tiveron lugar no Satchmo, un pequeno club de jazz frecuentado por progres e pseudo-intelectuais que escoitaban descorcertados atrevidas e irreverentes letras de cancións como As tetas da miña Noiva, Mata hippies nas Cies ou Ayatola non me toques a pirola. O éxito irresistible de Siniestro Total levou aos propietarios do Satchmo a cambiar radicalmente o look e a orientación do bar, enfocándoo cara a unha estética máis novaolera e moderna.
No Satchmo sucedéronse moitos concertos de rupturistas grupos vigueses, a maioría formacións a partir de Siniestro Total, consolidándose este local como o centro da movida de Vigo. Cando Siniestro Total obtivo grande repercusión nos medios de comunicación nacionais comezou a aumentar considerablemente o número de seguidores da movida.
German Coppini, cantante de Siniestro Total, deixou a banda para formar con Teo Cardalda Golpes Bajos. O Satchmo quedábase pequeno, pechou a noite de fin de ano de 1982 cun mítico concerto dun novo grupo chamado Aerolíneas Federais e abriu o Kremlin nos arredores da cidade.
A medida que a movida medraba abríronse máis locais como O Manco e Ruralex, acadando a movida o seu punto álxido en 1983 e 1984. Foi unha época moi divertida e de total desenfreo. Comezou a decaer a mediados dos oitenta, pero aínda xurdiron máis bandas coma Os Resentidos, liderados por Anton Reixa.
En setembro de 1986 tivo lugar o encontro das dúas movidas, a viguesa e a madrileña, organizado polo Concello vigués e a Comunidade de Madrid ; asistiron grupos como Gabinete Caligari, Os Nikis e Alaska e os Pegamoides. Un tren cargado de modernos e algúns infiltrados chegou un sábado pola mañá a Vigo. Era a expedición Madrid-Vigo. Foron dous días de moitas copas e moita algarabía. O encontro que estaba previsto que se celebrara en Madrid na primavera de 1987 nunca chegou a realizarse.
Nunha entrevista á autora con motivo da presentación do libro nunha libraría de Ourense explica así o título:
"Unha das claves do libro é o seu título, Sete Caveiras. Porque sete son tamén os obxectivos do asasino...
- É posible. Pero todo ten que ver cunha canción da época, titulada Siete Calaveras en castelán. E unha maldición."
Aquí vos queda un vídeo da canción interpretada por La Frontera.

Comentarios