SETE CAVEIRAS
Elena Gallego Abad
Esta novela de misterio está ambientada na cidade de Vigo. A xornalista Marta Vilas descobre un cadáver aboiando no porto vigués de O Berbés. No peto do morto hai un pequeno xoguete (un click) que deixou alí o asasino.
Nos día seguintes irán aparecendo na ría de Vigo unha serie de cadáveres que teñen en común a presenza dun click en cada un deles:  un motorista, un garda civil, un informático... 
Descifrar o misterio destes macabros asasinatos converterase para Marta Vilas nunha obsesión, debe descubrir ao asasino antes de que sexa demasiado tarde.

 

A AUTORA: Elena Gallego Abad


Quen mellor que a autora para falarnos de ela mesma na súa páxina web.
Sete caveiras foi publicado no ano 2014. Neste ano 2017 publicou O xogo de Babel.
No programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia fixéronlle esta entrevista (atoparédela aproximadamente entre os minutos 13 e 20 do programa).

A MOVIDA:
A movida viguesa foi un período de creación cultural que se desenvolveu en Vigo durante a primeira metade dos anos 1980 ao mesmo tempo que en Madrid tiña lugar a movida madrileña.
A movida de Vigo, unha cidade marcada entón pola reconversión industrial e o paro, foi a gran sorpresa. Un reducido grupo de xente nova empezou a xuntarse no pub Angara no que se escoitaba música de grupos locais como Mari Cruz Soriano e os que arranxan o seu piano, que logo pasou a ser Siniestro Total.
As primeiras actuacións de Siniestro Total tiveron lugar no Satchmo, un pequeno club de jazz frecuentado por progres e pseudo-intelectuais que escoitaban descorcertados atrevidas e irreverentes letras de  cancións como As tetas da miña NoivaMata hippies nas Cies ou Ayatola non me toques a pirola. O éxito irresistible de Siniestro Total levou aos propietarios do Satchmo a cambiar radicalmente o look e a orientación do bar, enfocándoo cara a unha estética máis novaolera e moderna.
No Satchmo sucedéronse moitos concertos de rupturistas grupos vigueses, a maioría formacións a partir de Siniestro Total, consolidándose este local como o centro da movida de Vigo. Cando Siniestro Total obtivo grande repercusión nos medios de comunicación nacionais comezou a aumentar considerablemente o número de seguidores da movida.
German Coppini, cantante de Siniestro Total, deixou a banda para formar con Teo Cardalda Golpes Bajos. O Satchmo quedábase pequeno, pechou a noite de fin de ano de 1982 cun mítico concerto dun novo grupo chamado Aerolíneas Federais e abriu o Kremlin nos arredores da cidade. 
A medida que a movida medraba abríronse máis locais como O Manco e Ruralex, acadando a movida o seu punto álxido en 1983 e 1984. Foi unha época moi divertida e de total desenfreo. Comezou a decaer a mediados dos oitenta, pero aínda xurdiron máis bandas coma Os Resentidos, liderados por Anton Reixa.
En setembro de 1986 tivo lugar o encontro das dúas movidas, a viguesa e a madrileña, organizado polo Concello vigués e a Comunidade de Madrid ; asistiron grupos como Gabinete CaligariOs Nikis e Alaska e os Pegamoides. Un tren cargado de modernos e algúns infiltrados chegou un sábado pola mañá a Vigo. Era a expedición Madrid-Vigo. Foron dous días de moitas copas e moita algarabía. O encontro que estaba previsto que se celebrara en Madrid na primavera de 1987 nunca chegou a realizarse.

Nunha entrevista á autora con motivo da presentación do libro nunha libraría de Ourense explica así o título:
"Unha das claves do libro é o seu título, Sete Caveiras. Porque sete son tamén os obxectivos do asasino...
- É posible. Pero todo ten que ver cunha canción da época, titulada Siete Calaveras en castelán. E unha maldición."
Aquí vos queda un vídeo da canción interpretada por La Frontera.

Comentarios

Carolina 3ºA ha dicho que…
Este libro non foi dos que mais me gustou,xa que a min non me gusta nada realicionado con mortes.Pero ainda asi estuvo entretenido.
Helena Ameijeiras Tajes 3ºA ha dicho que…
Este libro non me gustou especialmente. Empezou bastante interesante, pero a medida que iba avanzando víase demasiado previsible, deixaba pouco á imaxinación.
Xabi Lemus 3ºA ha dicho que…
O libro non me gustou. Para empezar a historia non me gustou como se desenvolviu e o final non foi do mellor. En resumo: esperábame máis
María Lema ha dicho que…
Pois pareceume un bo libro en que o final digustoume un pouco!
Nerea Santos Castro 3ºA ha dicho que…
Este libro non me pareceu moi interesante, xa que ata a metade do libro remosaba moita emoción, pero o final non era atractivo e volvíase aburrido.
Seegio ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.