UNHA ESTRELA NO VENTO

 LEDICIA COSTAS

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.


Se esta historia acontecese en Camariñas, cales serían os seus escenarios? Pensas que estas cousas pasan na realidade? Coñeces persoas como Miguel Foz ou Abel?

Tanto se gustaches desta novela como se non, fai os teus comentarios sobre aquilo que che emocionou ou sorpendeu! 



Comentarios

Paula Carril 3ºA ha dicho que…
O libro "Unha estrela no vento" gústoume moito, xa que a historia que conta é intrigante e en moitas das partes do libro, non podes parar de lelas porque queres saber cómo acaba. Houbo partes do libro que me gustaron máis que outras. A que menos foi como acabou Abel, e a que máis foi cando Miguel coñecera a Reina.
Fátima Ferrín 3A ha dicho que…
O libro gustoume moito porque é bastante interesante a cultura de Reina e a dispacidade de Abel, e non me gustou moito o final porque me deu pena Abel.
Paula Vázquez Blanco 3ºA ha dicho que…
Este libro cautiboume e chegou ao mais fondo de min, ainda que houbo algunha que outra incoherencia ( quén vai aunha pelea sen unha navalla?!?!) Gustoume moito, sobre todo o final
Iker Aufiero3ºA ha dicho que…
O libro esta bastante ben en xeneral, pero o final non me gustou, en Camariñas podería acontecer no cabo Vilán
Elena Devesa ha dicho que…
O libro gustoume moito ainda que cando Abel caeu polo precipicio foi moi tráxico e pensei que ía sobreviir ou resucitar. O meu personaxe favorito é Bernabeu.
paty ha dicho que…
gustoume moito o libro porque faqla da xuventude.
Ana Pose 3ºA ha dicho que…
O libro gustoume moito todo, excepto o final, cando Abel (que era o meu personaxe favorito) caeu polo precipicio e morreu.
Carla Sar ha dicho que…
Gustoume moito porque suceden cousas moi inesperadas.
Sara 3ºB ha dicho que…
gustoume moito menos o final porque me parece inxusto que morrera Abel
Gabriel 3A ha dicho que…
Gustoume moito o libro porque Miguel da un ejemplo moi bó de como somos os estudantes de hoxe en día e tamen me mostrou moito que Abel que era un neno con discapacidade pode ser máis listo do que crees
xoel caamaño ha dicho que…
gustoume o libro porque narra unha historia moi interesante