LEDICIA COSTAS
Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
Se esta historia acontecese en Camariñas, cales serían os seus escenarios? Pensas que estas cousas pasan na realidade? Coñeces persoas como Miguel Foz ou Abel?
Tanto se gustaches desta novela como se non, fai os teus comentarios sobre aquilo que che emocionou ou sorpendeu!
Comentarios