John Boyne
O neno do pixama a raias é o titulo dunha novela do escritor irlandés John Boyne, publicada no ano 2006. A trama céntrase na historia de Bruno, un neno de nove anos, fillo dun comandante a cargo dun campo de concentración nazi. A historia, que está contada en terceira persoa, relata os feitos desde a visión dun cativo inocente que non entende ben o que está a suceder.
A diferenza dos meses de planificación que Boyne necesitara para os seus libros anteriores, o escritor admitiu escribir o primeiro borrador en dous días e medio, case sen durmir ata que o rematou. A dia de hoxe, a novela vendeu máis de cinco millóns de copias ao redor do mundo, converténdose nun fenómeno global.
Na sesión usaremos fotografías sobre Auschwitz da colección Getty:
Comentarios
Tamén fala do nacismo e dos xudeos que son discriminados ante todos.
En resumen este libro gustoume moito aínda que acaba cun final un pouco tráxico.
O libro moi bonito e gustoume investigar sobre o nacismo.