O neno do pixama a raias

 John Boyne

O neno do pixama a raias é o titulo dunha novela do escritor irlandés John Boyne, publicada no ano 2006. A trama céntrase na historia de Bruno, un neno de nove anos, fillo dun comandante a cargo dun campo de concentración nazi. A historia, que está contada en terceira persoa, relata os feitos desde a visión dun cativo inocente que non entende ben o que está a suceder.

A diferenza dos meses de planificación que Boyne necesitara para os seus libros anteriores, o escritor admitiu escribir o primeiro borrador en dous días e medio, case sen durmir ata que o rematou. A dia de hoxe, a novela vendeu máis de cinco millóns de copias ao redor do mundo, converténdose nun fenómeno global.


Na sesión usaremos fotografías sobre Auschwitz da colección Getty:


Comentarios

Ariana 2B ha dicho que…
Este libro pareciume moi interesante e impactoume o desenvolvemento da historia, porque xa se via que o final iba ser máis ou menos tráxico.
Érika 2ºA ha dicho que…
Este libro pareceume moi bo de ler e moi impactante e intrigante.
Tamén fala do nacismo e dos xudeos que son discriminados ante todos.
En resumen este libro gustoume moito aínda que acaba cun final un pouco tráxico.
sabela 2ºB ha dicho que…
O libro pareceume moi interesente e con unha historia moi bonita, pero o final tráxico, penso que podería acabar moito mellor, sen a morte dos nenos.
Saray 2ºA ha dicho que…
O libro pareceume moi bonito. O que más me impactou foi a relación familiar entre Gretel, Bruno, a nai e máis o pai. Nadie do seu núcleo familiar sabía a que se dedicaba o pai. Eu creo que si o pai tivera unha explicación coa súa muller, o fillo e máis a filla eles non tiveran que estar impactados ao ver ao servinte pola casa, aos rapaces pola xanela con pixama de raias, etc.
O libro moi bonito e gustoume investigar sobre o nacismo.