A casa de Mango Street

 SANDRA CISNEROS


Sushi Books traduce para o galego a novela The house of Mango Street na que "Esperanza, unha adolescente que vive nun humilde barrio hispano de Chicago, sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, A casa de Mango Street expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade, a través de relatos interconectados"

Unha historia que non deixa indiferente a ninguén, breve e áxil, recrea toda unha vida azarosa e obstaculizada por asuntos da sociedade do noso tempo.

Unha ocasión para reflectirmos sobre isto e máis.


Comentarios

Paula Carril González ha dicho que…
Non me gustou este libro porque trataba moitos temas en moi pouco tempo, ainda que os temas eran interesantes e de actualidade. Ademáis durante o longo da historia hai distintos cambios e cada tema aparecen novos personaxes (os cales son moi difícil acordarse deles. Con todo isto, o libro estivo ben e gustoume que tratara temas da actualidade, pero trataba moito en pouco tempo.
lucas ha dicho que…
este libro no me gusto mucho por su pequeño resumen de muchas realidades que deberian ser mas expuestas.

Lucas Santos López